COMPARATIVA ESTÁNDARES LINGUA E LENGUA DE 5º E 6º
|
LINGUA 5º
|
LINGUA6º
|
LENGUA 5º
|
LENGUA 6º
|
BLOQUE 1. COMUNICACIÓN ORAL. FALAR E ESCOITAR
|
- LGB1.4.5. Identifica o grao de formalidade da situación de comunicación e axusta a este a súa produción.
- LGB1.7.3. Emprega o rexistro lingüístico adecuado a cada contexto.
|
- LGB1.4.5 Identifica o grao de formalidade da situación de comunicación e axusta a este a súa produción.
- LGB1.7.3. Emprega o rexistro lingüístico adecuado a cada contexto.
- LGB1.11.1 - Interésase por expresarse oralmente coa pronuncia e entoación adecuada a cada acto comunicativo.
|
- LCB1.1.1. Emprega a lingua oral e axustándose os diferentes contextos como debates, exposicións ou conversas.
- LCB1.4.1. Utiliza o vocabulario axeitado a súa idade para expresarse con progresiva precisión.
|
- LCB1.1.1. Emprega a lingua oral e axusta os rexistros lingüísticos segundo o grao de formalidade e finalidade.
- LCB1.5.1. Utiliza o vocabulario axeitado á súa idade recoñecendo as función dos elementos lingüísticos.
- LCB1.10.1 Emprega de xeito efectivo a linguaxe oral para comunicarse e aprender: escoita activa, recollida de datos, pregunta e repregunta, participación en enquisas e entrevistas, emisión de xuízo persoal.
|
- LGB1.4.1. Participa axeitadamente nunha conversa entre iguais.
- LGB1.6.5. Participa na conversa formulando e contestando preguntas.
- LGB1.7.2. Elabora un discurso oral cohesivo, utilizando nexos básicos adecuados.
|
- LGB1.4.1. Participa axeitadamente nunha conversa entre iguais.
- LGTB1.6.1 Respecta as quendas de palabra nos intercambios orais.
- LGB1.6.5. Participa activamente na conversa formulando e contestando preguntas.
|
- LCB1.1.2. Expresase con claridade.
|
- LCB1.1.2. Expresa ideas con claridade, coherencia e corrección.
|
- LGB1.5.1. Atende as intervencións dos e das demais en actos de fala orais, sen interromper.
- LGB1.5.2. Respecta as opinións dos e das demais.
- LGB1.6.2. Respecta as opinións das persoas participantes nos intercambios orais e é consciente da posibilidade de empregar a lingua galega neles.
- LGB1.10.1. Amosa respecto ás ideas dos e das demais e contribúe ao traballo en grupo.
- LGB1.12.2. Usa, de maneira xeral, unha linguaxe respectuosa coas diferenzas.
|
- LGB1.5.1. Escoita atentamente as intervencións dos e das demais en actos de fala orais, sen interromper.
- LGB1.5.2. Respecta as opinións dos e das demais.
- LGB1.6.2. Respecta as opinións das persoas participantes nos intercambios orais e é consciente da posibilidade de empregar a lingua galega neles.
- LGB1.10.1. Amosa respecto ás ideas dos e das demais e contribúe activamente ao traballo en grupo.
- LGB1.12.2. Usa unha linguaxe respectuosa coas diferenzas.
|
- LCB1.1.3. Aplica as normas sociocomunicativas, de intervención e normas básicas de cortesía con respecto de cara aos demais.
|
- LCB1.1.3. Escoita e participa no intercambio comunicativo con respecto e consideración polas ideas, sentimentos e emocións dos e das demais.
- LCB1.1.4. Aplica as normas sociocomunicativas de intervención e normas de cortesía.
- LCB1.4.1 - Amosa unha actitude de escoita atenta.
|
- LGB1.6.3. Emprega unha postura e xestualidade adaptada ao discurso.
- LGB1.9.1. Utiliza a expresividade corporal para reforzar o sentido das súas producións orais.
|
- LGB1.6.3. Emprega unha postura e xestualidade adaptadas ao discurso.
- LGB1.9.1. Utiliza a expresividade corporal para reforzar o sentido das súas producións orais.
|
- LCB1.2.1. Emprega recursos lingüísticos e non lingüísticos para comunicarse.
|
- LCB1.2.1. Emprega conscientemente recursos lingüísticos e non lingüísticos para comunicarse.
|
- LGB1.6.4. Exprésase cunha pronuncia e dicción correctas.
- LGB1.7.4. Amosa un discurso oral fluído, claro.
|
- LGB1.6.4. Exprésase cunha pronuncia e dicción correctas.
- LGB1.7.4. Amosa un discurso oral fluído, claro.
|
- LCB1.2.2. Exprésase cunha pronunciación e unha dicción correctas.
- LCB1.3.1. Expresa as súas propias ideas comprensiblemente.
|
- LCB1.3.1. Exprésase cunha pronunciación e unha dicción correctas.
- LCB1.3.2. Expresa as súas propias ideas comprensiblemente.
|
- LGB1.3.1. Interpreta en producións orais a retranca, a ironía e os dobres sentidos.
|
- LGB1.3.1. Interpreta en producións orais a retranca, a ironía e os dobres sentidos.
- LGB1.3.2. Recoñece a retranca como un trazo característico da lingua galega.
|
- LCB1.2.3. Interpreta de forma global o sentido de elementos básicos do texto.
- LCB1.5.3. Responde preguntas correspondentes á comprensión interpretativa.
|
- LCB1.4.3. Interpreta o sentido dos elementos básicos do texto necesarios para a comprensión global.
- LCB1.8.2. Responde de forma correcta a preguntas correspondentes á comprensión literal, interpretativa e crítica do texto sendo quen de inferir información.
|
- LGB1.4.3. Iníciase na elaboración de pequenas exposicións orais na aula.
|
- LGB1.4.3. Fai pequenas exposicións na aula adecuando o discurso ás diferentes necesidades comunicativas.
|
- LCB1.3.2. Participa activamente en diálogos e exposicións empregando modelos, guias e valéndose das tecnoloxías da información e comunicación.
|
- LCB1.3.3. Participa activamente en debates diálogos e exposicións empregando diferentes recursos tecnolóxicos.
|
- LGB1.4.4. Participa activamente no traballo en grupo, así como nos debates.
|
- LGB1.4.4. Participa activamente no traballo en grupo, así como nos debates.
|
- LCB1.3.3. Participa activa e cooperativamente nas tarefas de aula.
|
- LCB1.3.4. Participa activa e construtiva e cooperativamente nas actividades de aula.
|
- LGB1.1.1. Comprende as ideas principais dun texto oral sinxelo, identifica o tema e elabora un resumo.
- LGB1.1.2. Comprende o significado literal e inferencial dun texto oral sinxelo.
|
- LGB1.1.1. Comprende as ideas principais e secundarias dun texto oral identificando o tema e elaborando un resumo.
- LGB1.1.2. Comprende o significado literal e inferencial dun texto oral.
|
- LCB1.5.1. Comprende globalmente textos sabendo identificar as ideas principais e tema dos mesmos.
|
- LCB1.4.2. Comprende a información xeral en textos orais de uso habitual.
- LCB1.6.1. Identifica o tema do texto.
- LCB1.6.2. Identifica as ideas principais dun texto.
- LCB1.9.2. Recorda algunhas ideas básicas despois de escoitar un texto e exprésaas oralmente en resposta a preguntas directas.
|
- LGB1.7.1. Planifica e elabora un discurso oral coherente, utilizando un vocabulario adecuado á súa idade.
|
- LGB1.7.1. Planifica e elabora un discurso oral coherente, utilizando un vocabulario adecuado á súa idade.
- LGB1.7.2 - Elabora un discurso oral cohesivo, utilizando nexos adecuados.
|
- LCB1.7.2. Organiza e planifica o discurso nas narracións, exposicións, descricións, información e diálogo.
|
- LCB1.9.3. Organiza e planifica o discurso nas narracións, exposicións, descricións, información e diálogo empregando os recursos lingüísticos pertinentes.
|
- LGB1.4.2. Sigue unha exposición da clase e extrae, de xeito global, as ideas máis destacadas.
|
- LGB1.4.2. Sigue unha exposición da clase e extrae as ideas máis destacadas.
|
- LCB1.9.1. Resume entrevistas, noticias, debates infantís… procedentes da radio, televisión e da internet.
|
- LCB1.11.1. Resume entrevistas, noticias, debates infantís… procedentes da radio, televisión e da internet.
- LCB1.6.3. Resume un texto distinguindo ideas principais e secundarias.
|
- LGB1.13.1. Recoñece textos orais sinxelos pertencentes a diferentes variedades dialectais moi evidentes da lingua galega.
|
- LGB1.13.1. Recoñece textos orais pertencentes a diferentes variedades da lingua galega.
|
- LCB1.5.2. Recoñece a tipoloxía de textos orais atendendo á forma e intención comunicativa dos mesmos.
|
|
- LGB1.2.2. Elabora textos orais sinxelos imitando modelos de calquera medio de comunicación.
|
|
- LCB1.7.1. Elabora textos orais de diferente tipoloxía, seguindo unha secuencia lineal, adecuados ao nivel e imitando modelos.
|
- LCB1.9.1. Reproduce textos orais imitando modelos e axustándose á forma e intención comunicativa do mesmo.
|
|
|
- LCB1.4.2. Diferencia polo contexto o significado de correspondencias fonema-grafía.
|
- LCB1.5.3. Diferenza polo contexto o significado de correspondencias fonema-grafía.
|
|
|
- LCB1.5.4. Utiliza a información recollida en tarefas grupais e individuais.
|
- LCB1.8.3. Utiliza a información recollida en tarefas individual ou colectiva.
|
|
|
- LCB1.6.1. Reproduce de memoria breves textos literarios, non literarios e propios, atendendo aos seus gustos e intereses.
|
- LCB1.7.1. Reproduce de memoria breves textos literarios, non literarios e propios axeitados aos seus gustos e intereses con corrección e creatividade.
|
|
|
- LCB1.8.1. Emprega de xeito efectivo a linguaxe oral na comunicación e aprendizaxe.
|
- LCB1.8.1. Emprega de xeito efectivo a linguaxe oral na comunicación e aprendizaxe.
|
|
|
- LCB1.9.2. Transforma en noticias feitos cotiás próximos á súa realidade.
|
- LCB1.11.2. Transforma en noticias feitos cotiáns próximos á súa realidade, axustándose á estrutura e linguaxe e xénero.
|
|
|
- LCB1.8.2. Participa en enquisas e entrevistas amosando seguridade e comprensión dos datos expostos.
- LCB1.9.3. Realiza entrevistas e reportaxes sobre temas de interese, seguindo modelos.
|
- LCB1.11.3. Realiza entrevistas e reportaxes, seguindo modelos.
- LCB1.11.4. Prepara e realiza reportaxes seguindo modelos.
|
|
|
- LCB1.8.3. Participa en debates expoñendo as súas opinións e ideas fundamentando os temas coa profundidade propia da súa idade.
|
|
|
|
|
- LCB1.8.1. Sigue instrucións dadas para levar a cabo actividades diversas.
|
- LGB1.2.1. Accede a documentos audiovisuais e dixitais, para obter, seleccionar e clasificar información.
|
- LGB1.2.1. Identifica en documentos audiovisuais a información relevante.
- LGB1.2.2. Usa documentos audiovisuais como medio para obter, identificar, clasificar, comparar e relacionar informacións.
|
|
|
- LGB1.8.1. Elabora textos sinxelos propios dos medios de comunicación.
|
- LGB1.8.1. Elabora textos propios dos medios de comunicación.
|
|
|
- LGB1.12.1. Usa, de maneira xeral, unha linguaxe non sexista.
|
- LGB1.12.1. Usa unha linguaxe non sexista.
|
|
|
- LGB1.13.2. Valora as diferenzas dialectais orais da lingua galega como un símbolo de riqueza lingüística e cultural e o estándar como variante unificadora.
- LGB1.14.1. Identifica a lingua galega oral con calquera contexto profesional.
- LGB1.14.2. Recoñece a validez da lingua galega para conversas con persoas coñecidas ou descoñecidas.
|
- LGB1.13.2. Valora as diferenzas dialectais orais da lingua galega como un símbolo de riqueza lingüística e cultural e o estándar como variante unificadora.
- LGB1.14.1. Identifica a lingua galega con calquera contexto profesional oral.
- LGB1.14.2. Recoñece a validez da lingua galega para conversas con persoas coñecidas ou descoñecidas.
|
|
|
BLOQUE 2. COMUNICACIÓN ESCRITA. LER
|
- LGB2.1.1. Comprende a información relevante de textos procedentes dos medios de comunicación social ou propios de situacións cotiás.
- LGB2.1.2. Identifica as ideas principais e secundarias dun texto (narrativo, descritivo e expositivo).
|
- LGB2.1.1. Comprende a información relevante de textos procedentes dos medios de comunicación social ou propios de situacións cotiás.
- LGB2.1.2. Identifica as ideas principais e secundarias dun texto (narrativo, descritivo, expositivo e argumentativo).
|
- LCB2.1.3. Comprende información global e específica dos textos.
|
- LCB2.2.1. Entende a mensaxe dos distintos topos de texto identificando as ideas principais e secundarias a partir da lectura dun texto en voz alta.
|
- LGB2.5.1. Utiliza as tecnoloxías da información para localizar e seleccionar a información nun texto sinxelo adecuado á súa idade.
|
- LGB2.5.1. Utiliza as tecnoloxías da información para localizar e seleccionar a información nun texto.
|
- LCB2.7.1. Utiliza as Tecnoloxías da Información e Comunicación para a procura e tratamento da información.
|
- LCB2.9.1. Utiliza os medios informáticos para obter información.
|
- LGB2.1.3. Busca, localiza e selecciona información concreta dun texto sinxelo, deducindo o significado de palabras e expresións polo contexto.
- LGB2.5.2. Utiliza as tecnoloxías da información para organizar a información dun texto.
- LGB2.5.3. Utiliza dicionarios dixitais para interpretar a información dun texto.
- LGB2.1.7. Emprega o dicionario para resolver as dúbidas de vocabulario que atopa nos textos.
|
- LGB2.1.3. Busca, localiza e selecciona información concreta dun texto, deducindo o significado de palabras e expresións polo contexto.
- LGB2.5.2. Utiliza as tecnoloxías da información para organizar a información dun texto.
- LGB2.5.3. Utiliza dicionarios dixitais para interpretar a información dun texto.
- LGB2.1.7. Emprega o dicionario para resolver as dúbidas de vocabulario que atopa nos textos.
|
- LCB2.4.1. Consulta diferentes fontes bibliográficas informáticas ou impresas para obter información.
|
- LCB2.8.1. Deduce o significado de palabras e expresións con axuda do contexto.
- LCB2.7.1. Consulta diferentes fontes bibliográficas informáticas ou impresas para obter información.
|
- LGB2.1.4. Interpreta, personificacións, hipérboles, ironías e dobres sentidos en textos.
|
- LGB2.1.4. Interpreta metáforas, personificacións, hipérboles, ironías e dobres sentidos en textos.
|
- LCB2.6.2. Interpreta a linguaxe figurada, en textos publicitarios.
|
- LCB2.8.5. Interpreta a linguaxe figurada, metáforas, personificacións, hipérboles e xogos de palabras en textos publicitarios.
|
- LGB2.4.1. Deduce o posible contido dun texto sinxelo antes de lelo, axudándose do título e as ilustracións.
|
- LGB2.4.1. Deduce o posible contido dun texto antes de lelo, axudándose do título e as ilustracións.
|
- LCB2.2.1. Utiliza o título e as ilustracións para activar coñecementos previos sobre o tema.
- LCB2.2.4. Formula hipóteses a partir do título, ilustracións e esquemas.
|
- LCB2.5.1. Interpreta o valor do título e as ilustracións.
- LCB2.8.4. Relaciona as ilustracións cos contidos do texto, presenta hipóteses, predicións, e identifica o tipo de texto e a súa intención.
- LCB2.8.3. Infire, interpreta e formula hipótese sobre o contido relacionando as partes e elementos dos diferentes textos.
- LCB2.5.4. Realiza inferencias e formula hipóteses.
- LCB2.5.3. Activa coñecementos previos para comprender un texto.
|
- LGB2.7.1. Descodifica con precisión e rapidez as palabras.
|
- LGB2.7.1. Descodifica con precisión e rapidez as palabras.
|
- LCB2.2.3. Identifica as palabras clave dun texto.
|
- LCB2.5.2. Marca as palabras clave dun texto.
- LCB2.1.2. Descodifica con precisión e rapidez todo tipo de palabras.
|
- LGB2.2.1. Interpreta e comprende, de maneira xeral, a información de gráficos, esquemas sinxelos e ilustracións redundantes, relacionándoa co contido do texto que acompaña.
|
- LGB2.2.1. Interpreta e comprende a información de gráficos, esquemas, mapas conceptuais e ilustracións, relacionando esta co contido do texto que a acompaña.
|
- LCB2.2.5. Relaciona a información dos gráficos e ilustracións co texto.
|
- LCB2.5.5. Comprende e relaciona a información dos gráficos co texto.
|
- LGB2.1.5. Identifica a estrutura dun texto e recoñece algúns mecanismos de cohesión (repeticións, sinónimos, anáforas).
|
- LGB2.1.5. Identifica a estrutura dun texto e recoñece algúns mecanismos de cohesión.
|
- LCB2.4.3. Identifica o argumento de lecturas realizadas dando conta dalgunhas referencias bibliográficas: autor ou autora, xénero.
|
- LCB2.4.1. Capta o propósito de diferentes tipoloxía textuais. Identifica as partes da súa estrutura organizativa, analiza a súa progresión temática.
- LCB2.4.3. Recoñece mecanismos de cohesión en diferentes tipos de texto.
|
- LGB2.3.3. Realiza o resumo dun texto sinxelo.
|
- LGB2.3.3. Realiza o resumo dun texto.
|
- LCB2.1.4. Resume diferentes tipos de textos lidos reflectindo a estrutura e destacando as ideas principais.
|
- LCB2.9.2. Interpreta a información e fai un resumo da mesma.
- LCB2.4.2. Elabora resumos de diferentes tipos de textos lidos identificando os elementos característicos.
|
- LGB2.3.2. Esquematiza as ideas dun texto sinxelo, indicando as ideas principais e secundarias.
|
- LGB2.3.2. Esquematiza as ideas dun texto, indicando as ideas principais e secundarias.
|
|
- LCB2.4.4. Elabora esquemas a partir de textos expositivos.
|
- LGB2.1.6. Identifica o punto de vista do autor ou autora e diferencia, de maneira xeral, información, opinión e publicidade de carácter bastante evidente.
|
- LGB2.1.6. Identifica o punto de vista do autor ou autora e diferencia información, opinión e publicidade.
|
- LB2.6.1. Identifica a intención comunicativa de textos xornalísticos e publicitarios. Diferenza entre información e publicidade.
|
- LCB2.2.2. Comprende, con certo grado de detalle, diferentes tipos de textos atendendo á forma e intención comunicativa.
- LCB2.8.2. Comprende textos xornalísticos e publicitarios. Identifica a súa intención comunicativa. Diferenza entre información, opinión e publicidade.
|
- LGB2.7.2. Le textos en voz alta con fluidez e precisión.
- LGB2.7.3. Le textos en voz alta con ritmo, velocidade e ton da voz adecuados.
- LGB2.7.4. Le en voz alta adaptándose ao interese do auditorio: gozar escoitando, obter nova información...
|
- LGB2.7.2. Le textos en voz alta con fluidez e precisión.
- LGB2.7.3. Le textos en voz alta con ritmo, velocidade e ton da voz adecuados.
- LGB2.7.4. Le en voz alta adaptándose ao interese do auditorio: gozar escoitando, obter nova información...
|
- LCB2.1.1. Le en voz alta diferentes textos coa velocidade, fluidez e entoación adecuada á súa idade.
|
- LCB2.1.1. Le en voz alta diferentes tipos de textos coa velocidade, fluidez e entoación adecuada á súa idade.
|
- LGB2.8.1. Usa a biblioteca de aula con certa autonomía, para obter datos e informacións, e colabora no seu coidado e mellora.
- LGB2.8.2. Usa a biblioteca de centro con certa autonomía,para obter datos e informacións, e colabora no seu coidado e mellora.
- LGB2.8.3. Usa as bibliotecas virtuais, para obter datos e informacións, con certa autonomía.
|
- LGB2.8.1. Usa a biblioteca de aula con autonomía, para obter datos e informacións, e colabora no seu coidado e mellora.
- LGB2.8.2. Usa a biblioteca de centro con autonomía,para obter datos e informacións, e colabora no seu coidado e na súa mellora.
- LGB2.8.3. Usa as bibliotecas virtuais,para obter datos e informacións, con autonomía.
|
- LCB2.4.2. Localiza na biblioteca de aula e centro novas, aplicando as normas básicas de funcionamento da mesma.
|
- LCB2.10.1. Localiza na biblioteca un libro determinado con seguridade e autonomía, aplicando as normas de funcionamento da mesma.
|
- LGB2.11.1. Selecciona persoalmente as lecturas que desexa realizar e é quen de xustificalas en función dos seus gustos e necesidades.
|
- LGB2.11.1. Amosa autonomía lectora e capacidade de seleccionar textos do seu interese.
|
- LCB2.3.2. Le voluntariamente en función dos seus gustos.
- LCB2.4. 4. Selecciona lecturas con criterio persoal e manifesta a súa opinión sobre os mesmos.
- LCB2.3.1. Programa de xeito autónomo un tempo semanal para lectura.
|
- LCB2.6.2. Le voluntariamente textos propostos polo mestre ou mestra.
- LCB2.10.3. Selecciona lecturas con criterio persoal en diversos xéneros literarios como fonte de lecer manifestando a súa opinión sobre os mesmos.
- LCB2.6.1. Ten programado un tempo semanal para ler diferentes textos.
|
- LGB2.11.2. Expresa, de maneira sinxela, opinións e valoracións sobre as lecturas feitas.
|
- LGB2.11.2. Éxpresa opinións e valoracións sobre as lecturas feitas.
|
|
|
- LGB2.7.5. Fai lecturas dramatizadas de textos.
|
- LGB2.7.5. Fai lecturas dramatizadas de textos.
|
|
|
- LGB2.1.8. Fai unha lectura rápida, selectiva ou integral en función das necesidades de cada momento.
- LGB2.4.2. Relé un texto e marca as palabras clave para acadar a comprensión integral, cando é preciso.
- LGB2.6.1. Realiza diferentes tipos de lectura en función de cada texto: de investigación, de aprendizaxe, de gozo persoal ou de resolución de problemas.
|
- LGB2.1.8. Fai unha lectura rápida, selectiva ou integral en función das necesidades de cada momento.
- LGB2.4.2. Relé un texto e marca as palabras clave para acadar a comprensión integral, cando é preciso.
- LGB2.6.1. Realiza diferentes tipos de lectura en función de cada texto: de investigación, de aprendizaxe, de gozo persoal ou de resolución de problemas.
|
|
|
- LGB2.3.1. Realiza o subliñado das ideas principais dun texto sinxelo.
|
- LGB2.3.1. Realiza o subliñado das ideas principais dun texto.
|
|
|
- LGB2.9.1. Amosa interese pola conservación e organización dos seus libros físicos e/ou virtuais.
- LGB2.10.1. Amosa interese pola lectura como fonte de aprendizaxe e medio de comunicación.
|
- LGB2.9.1. Amosa interese pola conservación e organización dos seus libros físicos e/ou virtuais.
- LGB2.10.1. Amosa interese pola lectura como fonte de aprendizaxe e medio de comunicación.
|
|
|
|
- LGB2.12.1 - Percibe as diferenzas lingüísticas presentes nas variedades da lingua galega.
- LGB2.12.2 - Valora a variedade interna da lingua como símbolo de riqueza lingüística e cultural, así como o estándar como variante unificadora.
|
|
|
|
|
|
- LCB2.10.2. Expón os argumentos de lecturas dando conta das referencias bibliográficas: autor ou autora, editorial, xénero ou ilustracións.
|
|
- LGB2.6.3 - Le textos adaptados e próximos á súa experiencia, en silencio, sen dificultade.
|
- LCB2.1.2. Lee en silencio coa velocidade adecuada textos de diferente complexidade.
|
- LCB2.3.1. Le en silencio coa velocidade adecuada textos de diferente complexidade.
- LCB2.3.2. Realiza lecturas en silencio resumindoos con brevidade.
|
|
|
- LCB2.5.1. Coida, conserva e organiza os seus libros.
|
|
|
|
- LCB2.2.6. Interpreta mapas conceptuais sinxelos.
|
- LCB2.5.6. Interpreta diferentes esquemas e mapas conceptuais sinxelos.
|
BLOQUE 3. COMUNICACIÓN ESCRITA. ESCRIBIR
|
- LGB3.1.1. Planifica a elaboración do texto, antes de comezar a escribir, xerando ideas, seleccionando e estruturando a información, mediante notas, esquemas ou guións.
|
- LGB3.1.1. Planifica a elaboración do texto, antes de comezar a escribir, xerando ideas, seleccionando e estruturando a información, mediante notas, esquemas, guións ou mapas conceptuais.
|
- LCB3.3.3. Planifica, procura e selecciona información para a tomar notas, elaborar esquemas, guións, borradores e mapas conceptuais.
|
- LCB3.2.4. Emprega estratexias na procura e selección da información para a toma de notas, elaborar esquemas, guións, borradores e mapas conceptuais.
|
- LGB3.1.2. Elabora o texto cunha estrutura definida, con coherencia e cohesionando, de maneira xeral, os enunciados.
|
- LGB3.1.2. Elabora o texto cunha estrutura clara, con coherencia e cohesionando os enunciados.
|
- LCB3.1.2. Escribe textos organizando as ideas con cohesión básica e respectando as normas gramaticais e ortográficas.
|
- LCB3.1.2. Escribe textos co rexistro , organización e claridade axeitada respectando as normas gramaticais e ortográficas.
- LCB3.6.1 - Expresa por escrito opinións, reflexións e valoracións argumentadas e usa, de xeito habitual unha linguaxe non sexista.
|
- LGB3.1.3. Utiliza os signos de puntuación (punto, coma, punto e coma, dous puntos, puntos suspensivos, signos de exclamación e interrogación).
- LGB3.1.4. Aplica, de maneira xeral, a norma lingüística: ortografía, acentuación, léxico, morfosintaxe e usa, habitualmente, unha linguaxe non sexista.
|
- LGB3.1.3. Respecta as regras de puntuación no texto.
- LGB3.1.4. Aplica a norma lingüística: ortografía, acentuación, léxico, morfosintaxe e usa unha linguaxe non sexista.
|
- LCB3.3.1. Aplica correctamente as normas de puntuación, acentuación e ortografía propias do nivel.
|
- LCB3.2.2. Aplica correctamente as normas de puntuación, acentuación e ortográficas propias do nivel.
|
- LGB3.1.5. Escribe e presenta textos propios elaborando borradores.
|
- LGB3.1.5. Revisa e reescribe o texto cando é preciso.
|
- LCB3.3.4. Redacta o texto e revísao para melloralo, utilizando borradores.
|
- LCB3.7.1. Planifica e redacta textos seguindo unha boa planificación, redacción, revisión e mellora empregando borradores.
|
- LGB3.1.6. Usa o dicionario durante a elaboración de textos.
|
- LGB3.1.6. Usa o dicionario durante a elaboración de textos.
|
- LCB3.4.1. Utiliza habitualmente o dicionario en diferentes soportes.
|
- LCB3.3.1. Utiliza habitualmente o diccionario en diferentes soportes.
|
- LGB3.2.1. Elabora, en diferentes soportes, textos propios da vida cotiá e académica, imitando modelos: cartas e correos electrónicos, mensaxes curtas, normas, notas e invitacións
- LGB3.2.2. Redacta textos xornalísticos (noticias, crónicas, reportaxes, entrevistas) e (anuncios e carteis), imitando modelos publicitarios moi sinxelos.
- LGB3.2.3. Crea diferentes tipos de textos (narrativos, expositivos, descritivos ou argumentativos) seguindo un guión establecido e adaptando a linguaxe ás características de cada xénero.
- LGB3.2.4. Escribe textos coherentes e empregando algúns elementos básicos de cohesión, usando o rexistro adecuado.
|
- LGB3.2.1. Elabora, en diferentes soportes, textos propios da vida cotiá e académica, imitando modelos: cartas e correos electrónicos, mensaxes curtas, normas, programas…
- LGB3.2.2. Escribe, en diferentes soportes, textos propios dos medios de comunicación, imitando modelos.
- LGB3.2.3. Elabora diferentes tipos de textos (narrativos, expositivos, descritivos ou argumentativos) adaptando a linguaxe ás características de cada xénero.
- LGB3.2.4. Escribe textos coherentes e cohesivos, usando o rexistro adecuado.
|
- LCB3.1.1. Escribe, en diferentes soportes, textos sinxelos de diferentes estilos atendendo á forma da mensaxe e intención comunicativa.
- LCB3.8.1. Produce os textos establecidos no plan de escritura axeitados á súa idade e nivel.
|
- LCB3.1.1. Escribe, en diferentes soportes, diferentes tipos de textos atendendo á forma e intención comunicativa dos mesmos.
|
- LGB3.2.5. Resume o contido de textos sinxelos propios do ámbito da vida persoal ou familiar ou dos medios de comunicación.
|
- LGB3.2.5. Resume o contido de textos propios do ámbito da vida persoal ou familiar ou dos medios de comunicación.
|
|
- LCB3.2.1. Resume o contido de diferentes tipos de textos recollendo as ideas principais, evitando parafrasear e utilizando unha expresión persoal.
|
- LGB3.3.1. Elabora textos escritos propios do ámbito académico (cuestionarios, resumos, descricións, explicacións...) para obter, organizar e comunicar información.
|
- LGB3.3.1. Elabora textos do ámbito académico para obter, organizar e comunicar información: cuestionarios, enquisas, resumos, informes...
|
- LCB3.1.5. Presenta un informe en soporte papel e informático, recollendo información de diferentes fontes, seguindo un plan de traballo e expresando conclusións.
- LCB3.1.4. Elabora un informe seguindo un guión establecido que supoña a procura, selección e organización da información.
|
- LCB3.4.2. Presenta un informe de forma ordenada e clara, en soporte papel e informático, recollendo información de diferentes fontes, seguindo un plan de traballo e expresando conclusións.
- LCB3.4.3. Elabora un informe seguindo un guión establecido que supoña a procura, selección e organización da información de diferentes textos.
|
- LGB3.4.1. Elabora textos sinxelos que combinan a linguaxe verbal e non verbal: carteis publicitarios, anuncios, cómic, contos, poemas, cancións e anécdotas.
- LGB3.4.2. Escribe textos sinxelos de carácter creativo.
|
- LGB3.4.1. Expresa nos seus textos de maneira imaxinativa ideas, sentimentos e/ou emocións; narra accións e presenta personaxes, obxectos e/ou lugares: carteis publicitarios, anuncios, cómics, contos, poemas, cancións, anécdotas…
- LGB3.4.2. Escribe textos breves de carácter creativo con certa riqueza léxica.
|
- LCB3.1.3. Escribe, de forma creativa, diferentes tipos de textos adecuando a linguaxe ó xénero.
|
- LCB3.1.3. Escribe diferentes tipos de textos creativos adecuando a linguaxe ó xénero, seguindo modelos.
|
- LGB3.5.1. Busca e selecciona información en diferentes fontes e soportes dixitais.
- LGB3.5.4. Utiliza as TIC, con certa autonomía, para realizar presentacións elementais.
|
- LGB3.5.1. Usa as TIC na procura de información ou para consultar o dicionario.
- LGB3.5.4. Utiliza as TIC para realizar presentacións.
|
- LCB3.7.1. Usa Internet e as Tecnoloxías da Información e a Comunicación para escribir, presentar e ilustrar os textos, buscar información, crear táboas e gráficas.
|
- LCB3.8.1. Usa con eficacia Internet e as Tecnoloxías da Información e a Comunicación para escribir, presentar os textos e buscar información, crear táboas e gráficas.
|
- LGB3.6.1. Usa recursos gráficos e paratextuais para facilitar a comprensión dos textos e ilustralos de maneira creativa.
|
- LGB3.6.1. Utiliza recursos gráficos e paratextuais para facilitar a comprensión dos textos e ilustralos de maneira creativa.
|
- LCB3.5.2. Elabora con creatividade diferentes tipos de textos do seu interese empregando ilustracións ou imaxes dixitais para mellorar a súa presentación.
|
|
- LGB3.7.1. Coida a presentación dos textos seguindo as normas básicas de presentación establecidas: marxes, disposición no papel, limpeza, calidade caligráfica, separación entre parágrafos, interliñado… en calquera soporte.
|
- LGB3.7.1. Coida a presentación dos traballos escritos, en calquera soporte.
|
- LCB3.1.6. Presenta os seus textos con caligrafía clara e limpeza.
- LCB3.3.5. Amosa interese e esforzo por escribir correctamente de forma persoal.
|
- LCB3.5.1. Pon interese e esfórzase por escribir correctamente de forma persoal.
|
- LGB3.7.2. Valora a lingua escrita como medio de comunicación.
|
- LGB3.7.2. Valora a lingua escrita como medio de comunicación.
|
- LCB3.2.1. Valora a súa propia produción escrita e dos seus compañeiros.
|
- LCB3.7.2. Valora a súa propia produción escrita e a dos seus compañeiros.
|
|
|
- LCB3.3.2. Reproduce textos ditados con corrección.
|
- LCB3.2.3. Reproduce textos ditados con corrección.
|
|
|
- LCB3.5.1. Elabora gráficas a partir de datos seleccionados e organizados.
|
- LCB3.4.1. Elabora gráficas a partir de datos seleccionados e organizados.
|
|
|
- LCB3.6.1. Expresa, por escrito, unha linguaxe non sexista e respectuosa coas diferenzas.
|
|
- LGB3.5.2. Emprega procesadores de textos con certa autonomía.
- LGB3.5.3. Utiliza, habitualmente, correctores de textos.
|
- LGB3.5.2. Emprega procesadores de textos de maneira autónoma.
- LGB3.5.3. Utiliza correctores de textos.
|
|
|
- LGB3.4.3. Aprecio polos usos creativos da linguaxe.
|
- LGB3.4.3. Aprecia os usos creativos da linguaxe.
|
|
|
BLOQUE 4. COÑECEMENTO DA LINGUA
|
- LGB4.1.1. Recoñece as diferentes categorías gramaticais pola súa función na lingua: substantivo, artigo, pronome, adxectivo, adverbio, verbo e preposición.
|
- LGB4.1.1. Recoñece as diferentes categorías gramaticais pola súa función na lingua: substantivo, artigo, pronome, adxectivo, adverbio, verbo, preposición, conxunción e interxección.
|
- LCB4.1.1. Coñece e recoñece as categorías gramaticais pola súa función na lingua.
- LCB4.2.3. Identifica e clasifica os diferentes tipos de palabras nun texto.
|
- LCB4.1.1. Identifica todas as categorías gramaticais pola súa función na lingua.
- LCB4.2.3. Identifica e clasifica os diferentes tipos de palabras nun texto.
|
- LGB4.1.2. Conxuga e usa con corrección as formas verbais persoais e non persoais dos verbos.
|
- LGB4.1.2. Conxuga e usa con corrección as formas verbais persoais e non persoais dos verbos.
|
- LCB4.1.2. Utiliza con corrección os tempos simples e compostos nas formas persoais e non persoais do modo indicativo e subxuntivo de todos os verbos.
|
- LCB4.1.2. Conxuga e usa con corrección todos os tempos simples e compostos nas formas persoais e non persoais do modo indicativo e subxuntivo de todos os verbos.
|
- LGB4.7.3. Recoñece e usa sinónimos, antónimos, homónimos, palabras polisémicas de uso frecuente, frases feitas, siglas e abreviaturas.
|
- LGB4.7.3. Recoñece e usa sinónimos, antónimos, homónimos, palabras polisémicas, arcaísmos, neoloxismos, estranxeirismos, frases feitas, siglas e abreviaturas.
|
- LCB4.2.1. Coñece, recoñece e usa sinónimos, antónimos, polisémicos, homófonos e frases feitas.
|
- LCB4.2.1. Identifica e usa sinónimos e antónimos, palabras polisémicas e homónimas, arcaísmos, estranxeirismos e neoloxismos, frases feitas, siglas e abreviaturas.
|
- LGB4.1.3. Diferencia as sílabas que conforman cada palabra, diferenciando a sílaba tónica das átonas.
- LGB4.2.1. Aplica xeralmente as normas de acentuación xerais e de acentuación diacrítica e aprecia o seu valor social e a necesidade de cinguirse a elas.
|
- LGB4.1.3. Diferencia as sílabas que conforman cada palabra, diferenciando a sílaba tónica das átonas.
- LGB4.2.1. Aplica correctamente as normas de acentuación xerais e de acentuación diacrítica, así como as demais normas ortográficas, e aprecia o seu valor social e a necesidade de cinguirse a elas.
|
- LCB4.4.3. Aplica as normas de acentuación e clasifica as palabras dun texto.
- LCB4.4.5. Aplica as normas do uso da til nos textos de elaboración propia.
|
- LCB4.4.3. Aplica correctamente as normas de acentuación e clasifica as palabras dun texto.
- LCB4.4.5. Aplica as normas do uso da til.
|
- LGB4.3.1. Emprega con corrección os signos de puntuación, facendo unha valoración dos resultados.
|
- LGB4.3.1. Emprega con correccións os signos de puntuación.
|
- LCB4.4.4. Utiliza os signos de puntuación nas súas producións escritas.
|
- LCB4.4.4. Usa con corrección os signos de puntuación.
|
- LGB4.3.2. Usa unha sintaxe adecuada nas súas producións.
|
- LGB4.3.2. Usa unha sintaxe adecuada nas súas producións.
|
- LCB4.4.6. Utiliza unha sintaxe básica nas producións escritas propias.
|
- LCB4.4.6. Utiliza unha sintaxe adecuada nas producións escritas propias.
|
- LGB4.4.1. Usa diversos conectores básicos entre oracións: causa, consecuencia, finalidade, contradición...
|
- LGB4.4.1. Usa axeitadamente diversos conectores entre oracións: causa, consecuencia, finalidade, contradición, condición...
|
- LCB4.2.4. Utiliza diversos conectores básicos entre oracións nos textos orais e escritos.
|
- LCB4.2.4. Recoñece e usa os conectores básicos entre oracións.
|
- LGB4.2.2. Coñece e utiliza as normas ortográficas, aplicándoas nas súas producións escritas con especial atención nas regras do h, b/v, c/cc, s/x, ll/i/x.
- LGB4.3.3. Respecta, de xeito xeral, as normas morfosintácticas de colocación do pronome átono.
|
- LGB4.3.3. Respecta as normas morfosintácticas de colocación do pronome átono.
|
- LCB4.3.3. Utiliza e aplica as normas ortográficas axeitadas ao nivel.
- LCB4.4.2. Utiliza correctamente as normas de concordancia de xénero e número na expresión oral e escrita.
|
- LCB4.3.3. Recoñece e usa correctamente as normas ortográficas nas súas producións escritas.
- LCB4.4.2. Utiliza correctamente as normas de concordancia de xénero e número na expresión oral e escrita.
|
- B4.5.1. Identifica, en oracións sinxelas, o papel semántico do suxeito.
- LGB4.1.5. Recoñece as oracións simples, comprende o seu significado, utiliza correctamente a concordancia de xénero e número e identifica o verbo e os seus complementos: o suxeito, así como os complementos do nome.
|
- LGB4.5.1. Identifica, en oracións, o papel semántico do suxeito.
- LGB4.1.5. Identifica as oracións simples, recoñecendo o verbo e os seus complementos: o suxeito; utiliza correctamente a concordancia de xénero e número e recoñece os complementos do nome.
|
- LCB4.2.5. Recoñece a oración simple en textos sinxelos e distingue suxeito e predicado.
|
- LCB4.2.5. Identifica as oracións como unidades de significado completo e recoñece na oración simple a diferencia entre suxeito e predicado.
|
- LGB4.7.1. Usa axeitadamente o dicionario en papel ou dixital para buscar calquera palabra, seleccionando a acepción precisa segundo cada contexto e como consulta ortográfica.
|
- LGB4.7.1. Usa axeitadamente o dicionario para buscar calquera palabra, seleccionando a acepción precisa segundo cada contexto.
|
- LCB4.3.2. Selecciona a acepción correcta segundo o contexto de entre as varias que lle ofrece o dicionario.
- LCB4.3.1. Coñece a estrutura do dicionario e úsao en diferentes soportes.
|
- LCB4.3.2. Selecciona a acepción correcta segundo o contexto de entre as varias que lle ofrece o dicionario.
- LCB4.3.1. Recoñece a estrutura do dicionario e tipos de diccionario e úsao en diferentes soportes.
|
- LGB4.7.2. Recoñece e crea palabras derivadas (prefixación e sufixación) e compostas, identificando e formando familias de palabras.
|
- LGB4.7.2. Recoñece e crea palabras derivadas (prefixación e sufixación) e compostas.
|
- LCB4.2.2. Recoñece palabras compostas, prefixos e sufixos e crea palabras derivadas.
|
- LCB4.2.2. Recoñece palabras compostas, prefixos e sufixos e crea palabras derivadas.
|
- LGB4.8.1. Coñece, de xeito xeral, as características máis relevantes (históricas, socioculturais...) da lingua galega.
- LGB4.8.2. Identifica e valora a lingua galega dentro da realidade plurilingüe e pluricultural de España e de Europa.
|
- LGB4.8.1. Identifica as características relevantes (históricas, socioculturais...) da lingua galega.
- LGB4.8.2. Identifica e valora a lingua galega dentro da realidade plurilingüe e pluricultural de España e de Europa.
|
- LCB4.6.1. Valora a variedade lingüística de España e o español de América.
|
- LCB4.6.1. Valora a variedade lingüística de España e o español de América.
|
- LGB4.9.1. Recoñece, de forma xeral, e evita as interferencias entre as linguas que está a aprender.
|
- LGB4.9.1. Recoñece e evita as interferencias entre as linguas que está a aprender.
|
|
- LCB4.6.2. Recoñece e identifica algunhas das características relevantes das linguas oficiais en España.
|
- LGB4.9.2 Identifica diferenzas, regularidades e semellanzas, ortográficas e léxicas entre todas as linguas que coñece e/ou está a aprender, como punto de apoio para a súa aprendizaxe.
|
- LGB4.9.2. Identifica diferenzas, regularidades e semellanzas sintácticas, ortográficas, morfolóxicas e léxicas entre todas as linguas que coñece e/ou está a aprender, como punto de apoio para a súa aprendizaxe.
|
- LCB4.7.1. Compara aspectos das linguas que coñece.
|
|
|
|
- LCB4.5.1. Utiliza distintos programas educativos dixitais e outros recursos didácticos ao seu alcance como apoio e reforzo da aprendizaxe.
|
- LCB4.5.1. Utiliza distintos programas educativos dixitais como apoio e reforzo da aprendizaxe.
|
|
|
- LCB4.1.3. Diferenza familias de palabras.
|
- LCB4.1.3. Diferenza familias de palabras.
|
|
|
- LCB4.4.1. Sinala as características que definen ás diferentes clases de palabras e nomes: clasificación e uso para construír un discurso sinxelo.
|
- LCB4.4.1. Sinala as características que definen ás diferentes clases de palabras e nomes: clasificación e uso para construír o discurso.
|
- LGB4.1.4. Identifica e clasifica os diferentes tipos de enunciado: declarativo, interrogativo, exclamativo, imperativo.
|
- LGB4.1.4. Identifica e clasifica os diferentes tipos de enunciado: declarativo, interrogativo, exclamativo e imperativo.
|
|
|
- B4.5.2. Recoñece se a oración é activa ou pasiva e é quen de facer a transformación dunha noutra.
|
- LGB4.5.2. Transforma oracións activas en pasiva, e viceversa.
|
|
|
- B4.6.1. Transforma un texto sinxelo narrativo de estilo directo noutro de estilo indirecto.
|
- LGB4.6.1. Transforma un texto narrativo de estilo directo noutro de estilo indirecto e viceversa.
|
|
|
- LGB4.4.2. Recoñece determinados procesos de cohesión nos textos: anáfora, sinónimos...
|
- LGB4.4.2. Recoñece determinados procesos de cohesión nos textos: anáfora, deixe, elipse, sinónimos...
|
|
|
BLOQUE 5. EDUCACIÓN LITERARIA
|
- LGB5.1.1. Escoita, memoriza e reproduce textos procedentes da literatura popular oral galega (refráns, adiviñas, lendas, contos, poemas, conxuros, ditos,cantigas) e da literatura galega en xeral
|
- LGB5.1.1. Escoita, memoriza e reproduce textos procedentes da literatura popular oral galega (refráns, adiviñas, lendas, contos, poemas, conxuros, cancións, ditos, romances, cantigas) e da literatura galega en xeral.
|
- LCB5.5.2. Memoriza e reproduce textos orais adecuados á súa idade.
|
- LCB5.5.2. Memoriza e reproduce textos orais adecuados á súa idade.
|
- LGB5.1.2. Valora os textos da literatura oral galega como fonte de coñecemento da nosa cultura e como recurso de gozo persoal.
- LGB5.6.1. Valora a literatura en calquera lingua, como vehículo de comunicación, fonte de coñecemento e como recurso de gozo persoal.
|
- LGB5.1.2. Valora os textos da literatura galega (oral ou non) como fonte de coñecemento da nosa cultura e como recurso de gozo persoal.
- LGB5.6.1. Valora a literatura en calquera lingua, como vehículo de comunicación, fonte de coñecemento e como recurso de gozo persoal.
|
- LCB5.1.1. Valora e recoñece as características fundamentais de textos literarios narrativos, poéticos e dramáticos.
- LCB5.7.1. Valora a literatura en calquera lingua, especialmente en lingua galega, como vehículo de comunicación e recurso de gozo persoal.
|
- LCB5.1.1. Recoñece e valora as características fundamentais de textos literarios narrativos, poéticos e dramáticos.
- LCB5.7.1. Valora a literatura en calquera lingua, especialmente en lingua galega, como vehículo de comunicación e recurso de gozo persoal.
|
- LGB5.2.2. Le en voz alta obras e textos en galego da literatura infantil, adaptacións breves de obras clásicas e literatura actual, adaptadas á idade e en diferentes soportes.
|
- LGB5.2.2. Le en voz alta obras e textos en galego da literatura infantil, adaptacións de obras clásicas e literatura actual, adaptadas á idade e en diferentes soportes.
|
- LCB5.2.1. Realiza lecturas guiadas de textos narrativos de tradición oral, literatura infantil, adaptacións de obras clásicas e literatura actual.
|
- LCB5.2.1. Realiza lecturas guiadas de textos narrativos de tradición oral, literatura infantil, adaptacións de obras clásicas e literatura actual.
|
- LGB5.3.1. Identifica as características principais dos diferentes xéneros literarios: narrativa, poesía e teatro.
- LGB5.3.2. Distingue algúns recursos retóricos e métricos propios dos poemas.
- LGB5.3.3. Identifica e emprega algunhas figuras literarias: comparacións, personificacións, hipérboles e xogos de palabras.
|
- LGB5.3.1. Recoñece as características fundamentais dos diferentes xéneros literarios: narrativa, poesía e teatro.
- LGB5.3.2. Distingue algúns recursos retóricos e métricos propios dos poemas.
- LGB5.3.3. Identifica e emprega algunhas figuras literarias: comparacións, metáforas, personificacións, hipérboles e xogos de palabras.
|
- LCB5.2.2. Interpreta a linguaxe figurada, en textos literarios.
- LCB5.3.1. Distingue algúns recursos retóricos e métricos básicos propios dos poemas.
|
- LCB5.2.2. Interpreta a linguaxe figurada, metáforas, personificacións, hipérboles e xogos de palabras en textos literarios.
- LCB5.3.1. Distingue algúns recursos retóricos e métricos propios dos poemas.
|
- LGB5.4.1. Recrea e compón poemas e relatos, a partir de modelos sinxelos, para comunicar sentimentos, emocións, estados de ánimo e lembranzas.
|
- LGB5.4.1. Recrea e compón poemas e relatos, a partir de modelos dados, para comunicar sentimentos, emocións, estados de ánimo, lembranzas.
|
- LCB5.4.1. Crea sinxelos textos literarios a partir de pautas ou modelos dados.
|
- LCB5.4.1. Crea textos literarios a partir de pautas ou modelos dados utilizando recursos léxicos, sintácticos, fónicos e rítmicos en ditas producións.
|
- LGB5.5.1. Participa activamente en dramatizacións de textos literarios.
|
- LGB5.5.1. Participa activamente en dramatizacións de textos literarios diversos.
|
- LCB5.5.1. Realiza dramatizacións individualmente e en grupo de textos literarios.
- LCB5.6.1. Realiza dramatizacións individualmente e en grupo de textos literarios axeitados á súa idade.
|
- LCB5.5.1. Realiza dramatizacións individualmente e en grupo de textos literarios.
|
- LGB5.3.4. Identifica os temas recorrentes na literatura.
|
- LGB5.3.4. Identifica temas e tópicos recorrentes na literatura.
|
|
|
- LGB5.7.1. Compara imaxes, símbolos e mitos sinxelos doutras culturas cos da cultura galega, amosando interese e respecto.
- LGB5.7.2. Amosa curiosidade por coñecer outras costumes e formas de relación social, respectando e valorando a diversidade cultural.
|
- LGB5.7.1. Compara imaxes, símbolos e mitos sinxelos doutras culturas cos da cultura galega, amosando interese e respecto.
- LGB5.7.2. Amosa curiosidade por coñecer outros costumes e formas de relación social, respectando e valorando a diversidade cultural.
|
|
|
- LGB5.2.1. Le en silencio obras e textos en galego da literatura infantil, adaptacións breves de obras clásicas e literatura actual, adaptadas á idade e en diferentes soportes.
|
- LGB5.2.1. Le en silencio obras e textos en galego da literatura infantil, adaptacións de obras clásicas e literatura actual, adaptadas á idade e en diferentes soportes.
|
|
|
|
|
- LCB5.3.2. Utiliza comparacións, metáforas, aumentativos, diminutivos e sinónimos en textos literarios.
|
- LCB5.3.2. Utiliza comparacións, metáforas, aumentativos, diminutivos e sinónimos en textos literarios.
|
Comentarios
Publicar un comentario
Gracias polo interese e participación