Estándares Ciencias Sociais

COMPARATIVA ESTÁNDARES CIENCIAS SOCIAIS 5º E 6º
BLOQUE 1. CONTIDOS COMÚNS
  • CSB1.1.1.Busca información (empregando as TIC e outras fontes directas e indirectas), selecciona a información relevante, a organiza, analiza, obtén conclusións sinxelas e as comunica oralmente e/ou por escrito.
  • CSB1.1.1.Busca, selecciona e organiza información para obter conclusións, reflexionar respecto ao proceso seguido e o comunicar oralmente e/ou por escrito.
  • CSB1.2.1.Utiliza as tecnoloxías da información e a comunicación para elaborar traballos.
  • CSB1.3.3.Analiza informacións relacionadas coa área e manexa imaxes, táboas, gráficos, esquemas, resumos e as tecnoloxías da información e a comunicación.
  • CSB1.2.2.Analiza informacións mediante imaxes, táboas, gráficos, esquemas, resumos e as tecnoloxías da información e a comunicación.
  • CSB1.3.1.Emprega de maneira axeitada o vocabulario adquirido para ser capaz de ler, escribir e falar sobre Ciencias sociais.
  • CSB1.3.1.Emprega con rigor e precisión o vocabulario adquirido para elaborar traballos coa terminoloxía axeitada.
  • CCB1.3.2.Expón oralmente de forma clara e ordenada, contidos relacionados coa área, que manifesten a comprensión de textos orais e /ou escritos de carácter xeográfico, social e histórico.
  • CCB1.3.2.Expón oralmente de forma clara e ordenada os contidos traballados amosando a comprensión dos mesmos.
  • CSB1.1.3.Realiza as tarefas encomendadas e presenta os traballos de maneira ordenada, clara e limpa. 
  • CSB1.4.1.Realiza traballos e presentacións a nivel individual e grupal que supoñen a busca, selección e organización de textos de carácter xeográfico, social e histórico.
  • CSB1.2.1.Participa en actividades individuais e de grupo, e emprega estratexias de traballo cooperativo valorando o esforzo e o coidado do material.
  • CSB1.5.2.Participa en actividades de grupo de xeito responsable, construtivo, solidario e democrático.
  • CSB1.5.1.Utiliza estratexias para realizar traballos de forma individual e en equipo, e amosa habilidades para a resolución pacífica de conflitos.
  • CSB1.7.1.Participa dunha maneira eficaz e construtiva na vida da aula e do centro e crea e utiliza estratexias para resolver conflitos entre seus compañeiros.
  • CSB1.10.1.Desenvolve actitudes de cooperación e de traballo en equipo, valora as ideas alleas e reacciona con intuición, apertura e flexibilidade ante elas.
  • CSB1.8.1.Valora a cooperación e o diálogo como forma de evitar e resolver conflitos e fomenta os valores democráticos.
  • CSB1.2.2.Adopta un comportamento responsable, construtivo e solidario, respectando diferentes ideas e achegas nos debates e recoñecendo a cooperación e o diálogo como principios básicos do funcionamento democrático.
  • CSB1.6.1.Valora a importancia dunha convivencia pacífica e tolerante entre os diferentes grupos humanos sobre a base dos valores democráticos e os dereitos humanos.
  • CSB1.1.2.Manifesta autonomía na planificación e execución de accións e tarefas, ten iniciativa na toma de decisións e asume responsabilidades.
  • CSB1.9.2.Manifesta autonomía na planificación e execución de accións e tarefas e ten iniciativa na toma de decisións.
  • CSB1.10.2.Planifica traballos en grupo, coordina equipos, toma decisións e acepta responsabilidades.

  • CSB1.7.2.Identifica e utiliza os códigos de conduta e os usos xeralmente aceptados nas distintas sociedades e contornos.

  • CSB1.9.1.Amosa actitudes de confianza en si mesmo/a, sentido crítico, iniciativa persoal, curiosidade, interese, creatividade na aprendizaxe e espírito emprendedor que o fan activo ante as circunstancias que lle rodean.
BLOQUE 2. O MUNDO QUE NOS RODEA
  • CSB2.4.1.Identifica e clasifica os diferentes tipos de mapas, define que é a escala nun mapa e emprega e interpreta os signos convencionais máis usuais que poden aparecer nel.
  • CSB2.1.1.Identifica e clasifica os tipos de mapas e planisferios, define a escala e interpreta os signos convencionais máis usuais das lendas. 
  • CSB2.5.1.Define clima, nomea os seus elementos e identifica os factores que determinan en España.
  • CSB2.2.1.Define clima, nomea os seus elementos e identifica os factores que o determinan 
  • CSB2.7.1.Define paisaxe, identifica os seus elementos e explica as características das principais paisaxes de España valorando a súa diversidade.
  • CSB2.3.1.Define paisaxe, identifica os seus elementos e explica as características dos principais paisaxes de España e de Europa valorando a súa diversidade.
  • CSB2.8.1.Localiza nun mapa as principais unidades de relevo en España e as súas vertentes hidrográficas. 
  • CSB2.4.1.Localiza nun mapa o relevo, vertentes hidrográficas e clima de Europa. 
  • CSB2.8.2.Sitúa nun mapa os mares, océanos e os grandes ríos de España. 
  • CSB2.4.2.Recoñece as principais características do relevo, ríos e clima de Europa. 
  • CSB2.9.1.Explica a importancia do coidado do medio, así como as consecuencias da acción humana neste.
  • CSB2.5.1.Explica o uso sostible dos recursos naturais propoñendo medidas e que melloren as condicións ambientais do nosos planeta. 
  • CSB2.9.2.Favorece o desenvolvemento sostible e o consumo responsable.
  • CSB2.6.1 Explicar as causas e consecuencias do cambio climático e as actuacións responsables para frealo. 
  • CSB2.1.1.Describe como é e de que forma se orixinou o Universo e explica os seus principais compoñentes identificando galaxia, estrela, planeta, satélite, asteroide e cometa. 

  • CSB2.2.1. Describe as características, compoñentes do Sistema Solar, localizando o Sol no centro do mesmo e os planetas segundo a súa proximidade. 

  • CSB2.3.1. Define e representa o movemento de translación terrestre, o eixe do xiro e os polos xeográficos, asocia as estacións do ano ao seu efecto combinado e calcula os fusos horarios. 

  • CSB2.3.2.Explica o día e a noite como consecuencia da rotación terrestre e como unidades para medir o tempo. 

  • CSB2.3.3.Define a translación da Lúa identificando e nomeando as fases lunares. 

  • CSB2.6.1.Explica que é unha zona climática, nomeando as tres zonas climáticas do planeta e describindo as súas características principais. 

  • CSB2.6.2 Describe e sinala nun mapa os tipos de climas de España, e as zonas ás que afecta cada un, interpretando e analizando climogramas de distintos territorios de España e relacionándoos co clima ao que pertence. 

BLOQUE 3. VIVIR EN SOCIEDADE 
  • CSB3.1.1.Identifica, respecta e valora os principios democráticos máis importantes establecidos na Constitución e explica a importancia que a Constitución ten para o funcionamento do Estado español.

  • CSB3.2.2.Identifica e comprende a división de poderes do Estado e cales son as atribucións recollidas na Constitución para cada un deles.

  • CSB3.4.1.Valora, partindo da realidade do estado español, a diversidade cultural, social, política e lingüística nun mesmo territorio como fonte de enriquecemento cultural.

  • CSB3.2.1.Identifica as principais institucións do Estado español e describe as súas funcións e a súa organización.
  • CSB3.1.2.Identifica as principais institucións e órganos de goberno na Unión Europea, recoñecendo os seus símbolos, o mercado único e a zona euro. 
  • CSB3.3.1.Explica a organización territorial de España, nomea as estruturas básicas de goberno e localiza en mapas políticos as distintas comunidades autónomas que forman España, así como as súas provincias.
  • CSB3.1.1.Explica que é a Unión Europea, os obxectivos políticos e económicos e localiza nun mapa os países membros e as súas capitais.
  • CSB3.6.1.Describe os principais rasgos da poboación española.
  • CSB3.3.1.Describe as principais características da poboación española e europea.
  • CSB3.5.1.Define demografía e poboación, comprende os principais conceptos demográficos e os principais factores que afectan á de poboación.
  • CSB3.2.1.Define poboación dun territorio e identifica os principais factores que inciden nesta. 
  • CSB3.6.4 Sitúa nun mapa os maiores núcleos de poboación en España e as zonas máis densamente poboadas.
  • CSB3.3.4.Describe a densidade de poboación de España comparándoa mediante gráficos coa media da Unión Europea. 
  • CSB3 5.2.Interpreta unha pirámide de poboación e outros gráficos usados no estudo da poboación.
  • CSB3 2.2 Interpreta unha pirámide de poboación e outros gráficos poboacionais.
  • CSB3.7.1 Explica o éxodo rural, a emigración a Europa, e a chegada de inmigrantes ao noso país.
  • CSB3.4.1.Explica o éxodo rural, a emigración a Europa, e a chegada de emigrantes ao noso país. 
  • CSB3.7.2.Identifica e describe os principais problemas actuais da poboación española: migracións, envellecemento, etc.
  • CSB3.4.2.Identifica e describe os principais problemas actuais da poboación: superpoboación, envellecemento, inmigración etc.
  • CSB3.6.2.Explica o proceso da evolución da poboación en España e describe a incidencia que tiveron nesta, factores como a esperanza de vida ou a natalidade.
  • CSB3.3.2.Explica o proceso da evolución da poboación en España e Europa e describe a incidencia da esperanza de vida e natalidade.
  • CSB3.8.1.Identifica e define materias primas e produto elaborado e os asocia coas actividades nas que se obteñen.
  • CSB3 8.2 Describe ordenadamente o proceso de obtención dun produto ata a súa venda e identifica os sectores aos que pertencen.
  • CSB3.5.1.Identifica os tres sectores de actividades económicas e clasifica distintas actividades no grupo ao que pertencen. 
  •  CSB3.9.2.Explica as actividades relevantes dos sectores primario, secundario e terciario en España e as súas localizacións nos territorios correspondentes.
  •  CSB3.5.2.Explica os sectores primario, secundario e terciario en España e Europa e as súas localizacións nos territorios correspondentes.
  • CSB3.9.1.Identifica os tres sectores de actividades económicas e clasifica distintas actividades no grupo ao que pertencen.
  • CSB3.9.1.Identifica diferentes tipos de empresa segundo o tamaño e sector económico ao que pertencen. 
  • CSB3.6.3.Describe os factores que condicionan a distribución da poboación española.
  • CSB3.3.3.Describe os factores que condicionan a distribución da poboación española e europea. 

  • CSB3 8.1.Desenvolve a creatividade e valora a capacidade emprendedora dos membros dunha sociedade.

  • CSB3.9.2.Describe diversas formas de organización empresarial.
  • CSB3.9.3.Define termos sinxelos relacionados co mundo da empresa e a economía, ilustrando as definicións con exemplos. 

  • CSB3 7.1.Diferencia entre distintos tipos de gasto e adapta o seu presuposto a cada un deles.
  • CSB3 7.2.Planifica os seus aforros para gastos futuros elaborando un pequeno presuposto persoal.

  • CSB3.7.3.Investiga sobre diferentes estratexias de compra, comparando prezos e recompilando información. 

  • CSB3 6.1.Valora críticamente a publicidade analizando as técnicas publicitarias máis habituais con exemplos concretos.
BLOQUE 4. AS PEGADAS DO TEMPO
  • CSB4.2.1.Coñece algunhas fontes da historia representativas de cada unha das idades da historia, facendo fincapé na Idade Contemporánea.

  • CSB4.3.1.Usa diferentes técnicas para localizar no tempo e no espazo feitos do pasado, percibindo a duración, a simultaneidade e as relacións entre os acontecementos. 
  • CSB4.2.1.Usa diferentes técnicas para localizar no tempo e no espazo feitos do pasado, percibindo a duración, a simultaneidade e as relacións entre os acontecementos. 
  • CSB4.4.1.Sitúa nunha liña do tempo as etapas históricas máis importantes da Idade Media e Idade Moderna en España. 
  • CSB4.3.1.Sitúa nunha liña do tempo as etapas históricas máis importantes das distintas idades da historia en España. 
  • CSB4.4.2.Identifica e localiza no tempo e no espazo os feitos fundamentais da historia medieval e moderna de España, describindo as principais características de cada unha delas. 
  • CSB4.3.2.Identifica e localiza no tempo e no espazo os feitos fundamentais da historia de España describindo as principais características de cada unha delas. 
  • CSB4.4.3.Explica aspectos relacionados coa forma de vida e organización social de España das distintas épocas históricas estudadas. 
  • CSB4.3.3.Explica aspectos relacionados coa forma de vida e organización social de España das distintas épocas históricas estudadas. 
  • CSB4.4.4. Describe en orde cronolóxica os principais movementos artísticos e culturais da Idade Media e da Idade Moderna en España citando aos seus representantes máis significativos. 
  • CSB4.3.4.Describe en orde cronolóxica os principais movementos artísticos e culturais das distintas etapas da historia de España citando os seus representantes máis significativos. 
  • CSB4.4.6.Explica as características da Idade Moderna e certos acontecementos que determinaron cambios fundamentais no rumbo da historia neste período de tempo (Monarquía dos Austrias, s. XVI-XVII. Os Borbóns, s. XVIII).
  • CSB4.3.5.Explica os principais acontecementos que se produciron durante o s. XIX e XX e que determinan a nosa historia contemporánea.
  • CSB4.5.1.Identifica, valora e respecta o patrimonio natural, histórico, cultural e artístico e asume as responsabilidades que supón a súa conservación e mellora.
  • CSB4.4.1.Identifica, valora e respecta o patrimonio natural, histórico, cultural e artístico e asume a súa conservación e mellora.
  • CSB4.6.1.Aprecia a herdanza cultural a escala local e nacional como a riqueza compartida que hai que coñecer, preservar e coidar.
  • CSB4.5.2.Aprecia a herdanza cultural a escala local, nacional e europea como a riqueza compartida que hai que coñecer, preservar e coidar.
  • CSB4.4.5.Identifica as características distintivas das culturas que conviviron nos reinos peninsulares durante a Idade Media describindo a evolución política e os distintos modelos sociais.
  • CSB4.3.6.Describe as características da sociedade española actual, e valora o seu carácter democrático e plural, así como a pertenza á Unión Europea.
  • CSB4.1.1Identifica a idea de idade da historia e data a Idade Media e Moderna, asociándoas aos feitos que marcan os seus inicios e finais.
  • CSB4.1.1.Define o concepto de prehistoria, identifica a idea de idade da historia e data as idades da historia, asociadas aos feitos que marcan os inicios e finais nomeando algunhas fontes da historia representativas de cada unha delas. 

  • CSB4.4.2.Respecta e valora os restos históricos como patrimonio que debemos legar e recoñece o valor que o patrimonio arqueolóxico monumental nos achega para o coñecemento do pasado.
  • CSB4.5.1.Respecta e asume o comportamento que debe cumprirse cando visita un museo ou un edificio antigo.

Comentarios

Entradas populares de este blog

Clases Online