Estándares Ciencias Naturais

COMPARACIÓN DE ESTÁNDARES DE CIENCIAS NATURAIS DE 5º E 6º
BLOQUE 1 - INICIACIÓN Á ACTIVIDADE CIENTÍFICA
  • CNB1.1.1. Busca, selecciona e organiza información concreta e relevante, analízaa, obtén conclusións, elabora informes e comunica os resultados en diferentes soportes.
  • CNB1.1.1. Busca, selecciona, organiza e analiza información relevante para obter conclusións e elaborar informes seguindo un plan de traballo e comunica, de forma oral e escrita, as conclusións.
  • CNB1.1.2. Expresa oralmente e por escrito, de forma clara e ordenada contidos relacionados coa área manifestando a comprensión de textos orais e/ou escritos.
  • CNB1.1.2. Expresa oralmente e por escrito ordenadamente contidos relacionados coa área manifestando a comprensión dos contidos.
  • CNB1.1.3. Emprega de forma autónoma o tratamento de textos (axuste de páxina, inserción de ilustracións ou notas etc.). 
  • CNB1.1.3. Emprega de forma autónoma o tratamento de textos. 
  • CNB1.1.4. Manexa estratexias axeitadas para acceder á información dos textos de carácter científico.
  • CNB1.1.4. Manexa estratexias axeitadas para acceder á información dos textos de carácter científico.
  • CNB1.2.1. Manifesta autonomía na planificación e execución de accións e tarefas e ten iniciativa na toma de decisións.
  • CNB1.2.1. Manifesta autonomía na planificación e execución de accións e tarefas con iniciativa na toma de decisións.
  • CNB1.3.1. Utiliza estratexias para realizar traballos de forma individual e en equipo, amosando habilidades para a resolución pacífica de conflitos.
  • CNB1.3.1. Utiliza estratexias de estudo e traballo eficaz, individualmente e en equipo, amosando habilidades na resolución pacífica de conflitos.
  • CNB1.3.2. Coñece e emprega as normas de uso e de seguridade dos instrumentos, dos materiais de traballo e das tecnoloxías da información e comunicación.
  • CNB1.3.2. Coñece e emprega as normas de uso e de seguridade dos instrumentos, dos materiais de traballo e das tecnoloxías da información e comunicación.
  • CNB1.4.1. Realiza proxectos, experiencias sinxelas e pequenas investigacións formulando problemas, enunciando hipóteses, seleccionando o material necesario, realizando, extraendo conclusións e comunicando os resultados.
  • CNB1.4.1. Realiza proxectos, experiencias sinxelas e pequenas investigacións formulando problemas, enunciando hipóteses, seleccionando o material necesario, realizando, extraendo conclusións e comunicando os resultados.
  • CNB1.4.2. Presenta un informe, de forma oral ou escrita, empregando soportes variados, recollendo información de diferentes fontes (directas, libros, internet) cando traballa de forma individual ou en equipo na realización de proxectos, experiencias sinxelas e pequenas investigacións.
  • CNB1.4.2. Presenta un informe oral ou escrito, empregando soportes variados, recollendo información de diferentes fontes de forma individual ou en equipo na realización de proxectos, experiencias sinxelas e pequenas investigacións.
  • CNB1.1.5. Efectúa búsquedas guiadas de información na rede.

  • CNB1.1.6. Coñece e aplica estratexias de acceso e traballo na rede.

  • CNB1.3.3. Utiliza algúns recursos ao seu alcance proporcionados polas tecnoloxías da información para comunicarse e colaborar.

BLOQUE 2. O SER HUMANO E A SAÚDE
  • CNB2.1.1. Identifica e localiza os principais órganos implicados na realización das funcións vitais do corpo humano.
  • CNB2.1.1. Identifica e localiza os principais órganos implicados na realización das funcións vitais do ser humano.
  • CNB2.1.2. Identifica as principais características dos aparellos respiratorio, dixestivo, locomotor, circulatorio e excretor e explica as principais funcións.
  • CNB2.2.1. Identifica e describe as principais características dos aparellos respiratorio, dixestivo, locomotor, circulatorio e excretor e explica as principais funcións.
  • CNB2.3.1. Investiga sobre enfermidades relacionadas cunha alimentación inadecuada e presenta conclusións en diversos soportes.
  • CNB2.3.1. Recoñece estilos de vida saudables e os seus efectos sobre o coidado e mantemento do funcionamento global do corpo. 
  • CNB2.3.2. Coñece os principios das dietas equilibradas, e elabora menús variados identificando ás prácticas saudables.
  • CNB2.3.2. Coñece e explica os principios das dietas equilibradas, identificando as prácticas saudables para previr e detectar os riscos para a saúde.
  • CNB2.3.3. Recoñece os efectos nocivos do consumo de alcohol e drogas.
  • CNB2.3.3. Recoñece os efectos nocivos do consumo de alcohol e drogas.

  • CNB2.3.4. Observa, identifica e describe algúns avances da ciencia que melloran a saúde.

  • CNB2.3.5. Coñece técnicas de primeiros auxilios.
BLOQUE 3. OS SERES VIVOS
  • CNB3.1.1. Identifica e describe a estrutura dos seres vivos: células, tecidos, órganos, aparellos e sistemas, nomeando as principais características e funcións de cada un deles.
  • CNB3.1.1. Identifica e describe a estrutura dos seres vivos: células, tecidos, órganos, aparellos e sistemas nomeando as principais características e funcións.
  • CNB3.2.1. Clasifica aos seres vivos e nomea as principais características atendendo ao seu reino: Reino animal. Reino das plantas. Reino dos fungos e outros reinos empregando criterios científicos e medios tecnolóxicos.
  • CNB3.2.1. Identifica as características e clasifica os seres vivos:
  •  Reino animal.
  •  Reino das plantas.
  •  Reino dos fungos.
  •  Outros reinos. 
  • CNB3.2.2. Utiliza guías na identificación  científica de animais vertebrados, invertebrados e plantas.
  • CNB3.2.2. Utiliza guías na identificación científica de animais e plantas.
  • CNB3.3.2. Investiga con criterio científico, ecosistemas próximos e presenta resultados en diferentes soportes.
  • CNB3.3.1. Investiga e explica as relacións entre os seres vivos. Cadeas alimentarias. Poboacións, comunidades e ecosistemas.
  • CNB3.3.1. Coñece e explica, con rigorosidade, as principais características e compoñentes dun ecosistema.
  • CNB3.3.2. Recoñece e explica algúns ecosistemas: pradería, charca, bosque, litoral e cidade e os seres vivos que neles habitan.
  • CNB3.3.3. Identifica algunhas actuacións humanas que modifican o medio natural e as causas de extinción de especies e explica algunhas actuacións para o seu coidado.
  • CNB3.3.3. Observa e identifica diferentes hábitats dos seres vivos facendo fincapé no coidado destes e nomea algunhas causas de extinción de especies.
  • CNB3.3.4. Usa a lupa e outros medios tecnolóxicos para a observación científica. 
  • CNB3.3.4. Usa a lupa e outros medios tecnolóxicos para a observación científica. 
  • CNB3.3.5. Observa e rexistra algún proceso asociado á vida dos seres vivos, utiliza os instrumentos e os medios audiovisuais e tecnolóxicos apropiados e comunica de xeito oral e escrito os resultados. 
  • CNB3.3.5. Observa e rexistra algún proceso asociado á vida dos seres vivos, utilizando os instrumentos e os medios audiovisuais e tecnolóxicos apropiados, comunicando de xeito oral e escrito os resultados.

  • CNB3.2.3. Explica a importancia da fotosíntese para a vida na Terra.
BLOQUE 4. MATERIA E ENERXÍA
  • CNB4.1.1. Coñece e clasifica materiais segundo as súas propiedades (dureza, solubilidade, estado de agregación e condutividade térmica).

  • CNB4.2.1. Utiliza diferentes procedementos para determinar a medida da masa e do volume dun corpo.

  • CNB4.2.2. Describe a diferenza entre masa e volume.

  • CNB4.2.3. Identifica e explica as principais características da flotación nun medio líquido.

  • CNB4.4.2. Identifica produtos químicos habituais no fogar e os posibles riscos para o organismo. 
  • CNB4.4.3. Identifica e explica os símbolos de perigo máis comúns na etiquetaxe. 

  • CNB4.3.1. Identifica e explica as diferenzas entre enerxías renovables e non renovables e argumenta sobre as accións necesarias para o desenvolvemento enerxético, sostible e equitativo.
  • CNB4.2.2. Identifica e explica os beneficios e riscos das enerxías renovables e non renovables.
  • CNB4.4.1. Realiza experiencias sinxelas, en equipo, sobre reaccións químicas habituais na vida cotiá; formular problemas, enunciar hipóteses, seleccionar o material necesario, extraer conclusións e comunicar os resultados en diferentes soportes. 
  • CNB4.1.1. Investiga a través de experiencias sinxelas leis básicas como a reflexión da luz, a transmisión da corrente eléctrica e os cambios de estado.
  • CNB4.1.2. Investiga a través de experiencias sinxelas as leis básicas das reaccións químicas: combustión, oxidación e fermentación.
  • CNB4.3.1. Planifica e realiza sinxelas experiencias e predí cambios no movemento, forma ou estado dos corpos por efecto das forzas ou das achegas de enerxía, comunicando o proceso seguido e o resultado obtido.
  • CNB4.4.4. Respecta as normas de uso, de seguridade, de conservación e de mantemento dos instrumentos de observación e dos materiais de traballo, na aula e no centro.
  • CNB4.4.5. Respecta as normas de uso, de seguridade e de mantemento dos instrumentos de observación e dos materiais de traballo.

  • CNB4.3.2. Observa de xeito sistemático, aprecia e explica os efectos da calor no aumento de temperatura e dilatación dalgúns materiais.

  • CNB4.4.2. Separa os compoñentes dunha mestura mediante destilación, filtración, evaporación ou disolución. 

  • CNB4.4.3. Presenta conclusións de investigación, experiencias ou proxectos realizados en diferentes soportes. 

  • CNB4 4.1 Identifica, experimenta e exemplifica algúns cambios de estado e a súa reversibilidade.
  • CNB4.4.4. Identifica e expón as principias características das reaccións químicas: combustión, oxidación e fermentación.
  • CNB4.2.1. Identifica e explica algunhas das principais características das diferentes formas de enerxía: mecánica, lumínica, sonora, eléctrica, térmica e química.
BLOQUE 5. A TECNOLOXÍA, OBXECTOS E MÁQUINAS
  • CNB5.1.3. Expón exemplos de materiais condutores e illantes, argumentado a súa exposición.

  • CNB5.1.2. Observa, identifica e explica algúns efectos da electricidade da vida cotiá.
  • CNB5.1.2. Observa, identifica e describe algúns dos compoñentes das máquinas.
  • CNB5.3.2. Observa e identifica as principais características dos imáns e relaciona electricidade e magnetismo.
  • CNB5.2.2. Valora e describe a influencia do desenvolvemento tecnolóxico nas condicións de vida e no traballo.
  • CNB5.1.3. Observa e identifica algunha das aplicacións das máquinas e dos aparellos e a súa utilidade para facilitar as actividades humanas.
  • CNB5.1.1. Observa e identifica os elementos dun circuíto eléctrico e constrúe un.
  • CNB5.3.1. Identifica os elementos dun circuíto eléctrico, constrúe un.
  • CNB5.2.1. Coñece algúns dos grandes descubrimentos e inventos da humanidade e explica os beneficios ou riscos para á sociedade.
  • CNB5.4.1. Coñece e explica algúns dos grandes descubrimentos e inventos da humanidade.
  • CNB5.2.3. Coñece e explica algúns dos avances da ciencia no fogar e na vida cotiá, na medicina, na cultura e no lecer, na arte, na música, no cine e no deporte e nas tecnoloxías da información e a comunicación.
  • CNB5.4.2. Coñece e explica algúns dos avances da ciencia no fogar, vida cotiá, medicina, cultura, lecer, arte, música, cine, deporte e tecnoloxías da información e comunicación.

  • CNB5.1.1. Identifica diferentes tipos de máquinas e clasifícaas segundo o número de pezas, o xeito de accionalas e a acción que realizan.

  • CNB5 2.1 Constrúe algunha estrutura sinxela que cumpra unha función ou condición para resolver un problema a partir de pezas moduladas.

Comentarios

Entradas populares de este blog

Clases Online