Clases Online
Bos días, hoxe comezamos as clases a distancia, algo novidoso para todas e todos pero que non cambia nada as rutinas de traballo, simplemente nos teremos que comunicar no chat da aula virtual creada en wix que xa tedes o enlace neste blog ou no Padlet, eu estarei atento para solucionar as vosas dúbidas, irei cargando actividades e as tarefas semanais e revisando as entregas online, o traballo de caderno será revisado á volta de vacacións ou senón sacandolle unha fotografía en enviando por wetrasnfer. Espero que o tomedes con moito ánimo, e que sigamos traballando moito nestos días, unha aperta grande e imos probar que tal se nos dá esta nova situación, coidade moito á familia e a vos mesmos cos consellos que están dando, espero vervos pronto e que pase pronto este virus.